Main Menu

Gloria Lago

 
 

Pilar García Negro agradece a felicitación de Galicia Bilingüe

zorra

Este 12 de outubro o colectivo Galicia Bilingüe aproveitou para felicitar o santo a Pilar García Negro a través do Twitter. Y como hoy estamos contentos… vamos a felicitar a Pilar García NegroDona Pilar ¡Felicidades no seu día! @obloque pic.twitter.com/PiCF6RHV7y — Galicia Bilingüe (@GaliciaBilingue) October 12, 2015 En resposta á amabilidade expresada pola asociación con base en Vigo, a politica nacionalista decidiulle devolver o favor á presidenta de Galicia Blingüe. O agasallo de agradecemento foi, precisamente, unha zorra, agora que se achegan as festas do nadal.


Galeguistas radicais invaden BlaBlaCar

Talibanciño

A presidenta do colectivo Galicia Bilingüe, Gloria Lago, denuncia no seu blog que sufriu unha agresión “impresentable” cando ofrecía unha praza no seu carro a través do servizo online BlaBlaCar. Segundo a célebre activista viguesa, un “bloquero recalcitrante” insultouna cando ela se ofrecía amabelmente a levalo a Sanxenxo. “Hasta le iba a poner un CD del Combo Dominicano”, manifesta a presidenta do colectivo que ten como mascota a Gabi -non confundir con Xubi. Como mostra do que considera un desagravio, cedeunos unha captura de ecrá para que a compartísemos coaRead More