Main Menu

Galeguistas radicais invaden BlaBlaCar

Talibanciño

A presidenta do colectivo Galicia Bilingüe, Gloria Lago, denuncia no seu blog que sufriu unha agresión “impresentable” cando ofrecía unha praza no seu carro a través do servizo online BlaBlaCar. Segundo a célebre activista viguesa, un “bloquero recalcitrante” insultouna cando ela se ofrecía amabelmente a levalo a Sanxenxo. “Hasta le iba a poner un CD del Combo Dominicano”, manifesta a presidenta do colectivo que ten como mascota a Gabi -non confundir con Xubi. Como mostra do que considera un desagravio, cedeunos unha captura de ecrá para que a compartísemos coaRead More


A forza máis votada obtén a deputación de Lugo de xeito democrático

Dun xeito democrático sen precedentes na mellor provincia, por primeira vez unha muller nada en 1978 presidirá a senlleira institución. O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, confesou atoparse en perfectas facultades mentais no momento en que decidiu que sería mellor que gobernase a forza máis votada, ao tempo que brindaba cun cacharro de Cacaolat. «Pensei que o mellor sería votar por Elena Candiá, porque rima con Becerreá», engadiu o político socialista, negando que a súa decisión tivese algo que ver con ter sido apartado da candidatura a presidente da DeputaciónRead More


Nós tamén facemos tracking electoral

Tracking electoral

GZtoday leva elaborando durante meses, anos, séculos, o seu propio tracking electoral coa colaboración da nosa empresa-satélite-demoscópica Fondaxe. Contando con que o Bloco e Compromiso con Malicia non van sacar nada, nin as Mareas nin nada, chegamos á conclusión de que a cousa vai andar así así entre o Pepe e Cuñadanos. Os Socios Listos remontan, pero non chegan, e Potemos desinflouse porque son amigos de Nicolás Maduro, como se pode ver neste gráfico.


Cuñadanos vaino «petar» nas próximas eleccións

Tomás Roncero, líder de Cuñadanos

O partido político que o vai petar nas próximas eleccións municipais, segundo as súas propias fontes aseguran, Cuñadanos, xa ten listo o seu programa, co que aspira a converter todos os concellos en cumes do cuñadismo.


O paro baixará do 10% no ano 802701

kereseres

Grazas á senda de recuperación da economía, as cifras de desemprego iranse reducindo progresivamente e pronto se acadarán niveis dos anos 2000. Segundo o blog especializado en economía, estatística, enquisas e roupa interior Calzedonia, a porcentaxe de paro volverá a niveis europeos no ano 802701, mes arriba, mes abaixo.


GZtoday, o medio máis seguido nas redes sociais porque si

E quen diga o contrario, minte. Porque todos sabemos que ti cres o que din os de Podemos e os de Cuñadáns e todo iso é MENTIRA.