admin
Feijóo deixará de aparecer na TVG

O director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, anunciou que, a partir de agora, a empresa pública declarou persona non grata o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O motivo: as polémicas declaracións do xefe do Executivo na Cadena Ser, onde asegurou que non vía a TVG. Ademais do veto, todos os altos cargos da corporación pública e os presentadores dos diferentes telexornais anunciaron que vestirán de negro todos os venres, a xeito de protesta, ata que Feijóo “rectifique o seu erro” e volva verRead More
Clesa lanzará o iogur con sabor a Estrella Galicia

Guerra nos andeis dos supermercados polo sabor máis galego A sobremesa láctea de licor café comercializada por Larsa xa ten competidor. O grupo de cooperativas que integran Clesa anunciou a próxima posta á venda doutro iogur con sabor tipicamente galego. Será o primeiro produto a partir do leite con incorporar o inconfundible sabor da cervexa Estrella Galicia. Segundo Clodomiro Antunes, voceiro de márketing de Clesa, “consumir os nosos iogures producirá unha sobredose de galeguidade”. “Ademais”, engadiu, “será un produto sen alcol, para que o poida consumir toda a familia”. ARead More
Inditex ofrecerá mamografías nos Bershka

A Fundación Amancio Ortega anunciou que vai dar un paso máis na súa estratexia de flexibilizar e facer máis eficiente a sanidade pública. A partir de agora deixará de efectuar doazóns aos servizos públicos de saúde. No seu lugar, aproveitará as infraestruturas existentes nas súas redes de tendas para ofrecer servizos de saúde “a un módico prezo”. O primeiro paso será instalar mamógrafos nas súas tendas Bershka, “para así facilitarlles ás nosas clientas que poidan facer esas revisións periódicas que a sanidade pública lles nega”, explicou Álvaro Clemente de laRead More
Marta Rivera de la Cruz actuará en ‘Xogo de Tronos’

A lucense máis universal, segundo ela mesma afirma, Marta Rivera de la Cruz, será actriz convidada nun futuro episodio da serie Xogo de Tronos, que se rodará en Galiza. A gravación terá lugar este verán nun punto non revelado da Mariña lucense, “gracias a los contactos de mi amigo Lito, de Espectáculos Lito, o sea. Vamos a rodarlo en un marco incomparable superideal que no te voy a decir, porque se llenaría de mendigos y ya no sería tan cool”, afirmou a afamada escritora e deputada de Ciudadanos. Rivera interpretaráRead More
Santa Comba terá o seu propio ‘pijódromo’

Un grupo de emprendedores de Santa Comba vén de anunciar que poñerá en marcha un novo local que ampliará a oferta nocturna da vila. A sala El Buitre, que así se chamará, pretende atraer un novo tipo de público, competindo de fronte con ofertas doutras localidades do país, como a sala Pelícano ou o casino da Toxa. En palabras do xerente do local, Amancio Gerpe, “vai ser un pijódromo dos bos, con gintonics premium e todo tipo de cousas premium para que a xente baile cancións de Raphael e así”.Read More
A Academia Galega do Audiovisual celebra o día do vídeo vertical

Coa universalización do uso dos teléfonos móbiles, unha porcentaxe cada vez máis alta das obras audiovisuais que se gravan cada día en Galiza están producidas en formato vertical. A Academia Galega do Audiovisual non é allea ás novas tendencias estéticas, polo que declarou o próximo día 1 de abril Día Nacional do Vídeo Vertical. Co gallo desta conmemoración, estrearase unha edición especial da que foi primeira obra cinematográfica en galego de distribución masiva, Sempre Xonxa. A nova versión, gravada en vertical cun Alcatel One Touch Easy, proxectarase este venres nasRead More
Seguriño e Pelegrín terán a súa propia serie de debuxos animados

Dous dos personaxes máis queridos polos nenos de Galiza protagonizarán Roteiros de Compostela, a nova serie de debuxos animados que prepara Editorial Compostela, do Grupo El Correo Gallego. Seguriño e Pelegrín compartirán aventuras, acompañados doutros amigos como Xubi ou As dúas Marías infantís, polas rúas de Compostela. Os creadores da serie, Margarito Peláez e Demetrio Flowers, declararon en exclusiva a GZtoday que esperan que a TVG adquira a súa produción. “En caso de que non sexa así, xa temos outros pretendentes para a nosa serie. Netflix amosounos o seu intereseRead More
Luís Rial presentará un programa diario de 24 horas de duración

Despois do éxito do seu programa nocturno de 6 horas, Estamos contigo, o locutor Luís Rial anunciou que a partir da vindeira semana iniciará un novo proxecto radiofónico. Estou comigo será un espazo de 24 horas de duración en que o seu presentador, director e produtor lerá as novas, comentará a actualidade, criticará todos os males da sociedade actual provocados pola esquerda, imitará voces e pronunciará monólogos. Todo iso salpicado con chamadas telefónicas que o propio Luís Rial fará ao programa, simulando ser profesionais de distintos lugares da xeografía galega.Read More
As nécoras do Corte Inglés amosan o seu apoio aos presos independentistas

O colectivo NUICI (Nécoras Unidas Independentistas do Corte Inglés) difundiu este 1 de novembro un comunicado en que se desvincula das manifestacións feitas pola presidenta de Galicia Bilingüe. Gloria Lago afirmou no seu blog que celebrou a detención de nove militantes de Causa Galiza consumindo crustáceos comprados nos grandes almacéns da Gran Vía viguesa. Na nota, NUICI amosa a súa indignación pola manipulación á que se viron sometidas as súas carnes e aproveitou a ocasión para expresar o seu apoio a todos os presos políticos galegos, especialmente a Ugio, aRead More
Pilar García Negro agradece a felicitación de Galicia Bilingüe

Este 12 de outubro o colectivo Galicia Bilingüe aproveitou para felicitar o santo a Pilar García Negro a través do Twitter. Y como hoy estamos contentos… vamos a felicitar a Pilar García NegroDona Pilar ¡Felicidades no seu día! @obloque pic.twitter.com/PiCF6RHV7y — Galicia Bilingüe (@GaliciaBilingue) October 12, 2015 En resposta á amabilidade expresada pola asociación con base en Vigo, a politica nacionalista decidiulle devolver o favor á presidenta de Galicia Blingüe. O agasallo de agradecemento foi, precisamente, unha zorra, agora que se achegan as festas do nadal.