Marzo, 2017
Clesa lanzará o iogur con sabor a Estrella Galicia

Guerra nos andeis dos supermercados polo sabor máis galego A sobremesa láctea de licor café comercializada por Larsa xa ten competidor. O grupo de cooperativas que integran Clesa anunciou a próxima posta á venda doutro iogur con sabor tipicamente galego. Será o primeiro produto a partir do leite con incorporar o inconfundible sabor da cervexa Estrella Galicia. Segundo Clodomiro Antunes, voceiro de márketing de Clesa, “consumir os nosos iogures producirá unha sobredose de galeguidade”. “Ademais”, engadiu, “será un produto sen alcol, para que o poida consumir toda a familia”. ARead More