Marta Rivera de la Cruz actuará en ‘Xogo de Tronos’

A lucense máis universal, segundo ela mesma afirma, Marta Rivera de la Cruz, será actriz convidada nun futuro episodio da serie Xogo de Tronos, que se rodará en Galiza. A gravación terá lugar este verán nun punto non revelado da Mariña lucense, “gracias a los contactos de mi amigo Lito, de Espectáculos Lito, o sea. Vamos a rodarlo en un marco incomparable superideal que no te voy a decir, porque se llenaría de mendigos y ya no sería tan cool”, afirmou a afamada escritora e deputada de Ciudadanos.
Rivera interpretará o papel dunha raíña sueva perdida no universo de George R. R. Martin por uns motivos que os guionistas da serie aínda deben decidir. Xunto a ela, tamén intervirá, excepcionalmente no mesmo episodio, Paco Clavel, no papel de bufón maior do reino. Haberá números musicais humorísticos e flashbacks para encher a metraxe.
“Creo que va a ser un éxito sensacional y pondrá a Galicia en el lugar que se merece en el universo friki”, concluíu Marta Rivera de la Cruz, moi ilusionada coa súa incursión no mundo da interpretación.
Related News

Feijóo deixará de aparecer na TVG
O director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, anunciou que,Read More

Clesa lanzará o iogur con sabor a Estrella Galicia
Guerra nos andeis dos supermercados polo sabor máis galego A sobremesa láctea de licor caféRead More