Main Menu

Santa Comba terá o seu propio ‘pijódromo’

Borja Pelayo

Un grupo de emprendedores de Santa Comba vén de anunciar que poñerá en marcha un novo local que ampliará a oferta nocturna da vila. A sala El Buitre, que así se chamará, pretende atraer un novo tipo de público, competindo de fronte con ofertas doutras localidades do país, como a sala Pelícano ou o casino da Toxa.

En palabras do xerente do local, Amancio Gerpe, “vai ser un pijódromo dos bos, con gintonics premium e todo tipo de cousas premium para que a xente baile cancións de Raphael e así”. “Tamén imos vender drogha premium”, engadiu, “que é a mesma de sempre pero cobrándoa máis cara para enganar aos pighos, pero isto non o publiques”.

Borja Pelayo en Santa Comba

Borja Pelayo Sonera-del Valle Jallas será o relacións públicas de El Buitre

Na inauguración, prevista para a próxima fin de semana, actuará o grupo compostelán Romero & The Donallos, que interpretarán versións de míticas bandas pighas de toda a vida como Siempre Así, Hombres G ou Modestia Aparte.

O relacións públicas da sala, Borja Pelayo Sonera-del Valle Jallas, espera que asistan grandes persoeiros á inauguración. “Hemos invitao a Feijóo, a Mariano y a todos los ministros y conselleiros del PP y eso, o sea. Creo que van a venir todos porque vamos a poner cosas que les gustan y les vamos a invitar. Bueno, la entrada gratis es solo para las pibas, los tíos pagan jejeje”.






Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *