Main Menu

Abril, 2016

 

Marta Rivera de la Cruz actuará en ‘Xogo de Tronos’

Marta Rivera e Paco Clavel

A lucense máis universal, segundo ela mesma afirma, Marta Rivera de la Cruz, será actriz convidada nun futuro episodio da serie Xogo de Tronos, que se rodará en Galiza. A gravación terá lugar este verán nun punto non revelado da Mariña lucense, “gracias a los contactos de mi amigo Lito, de Espectáculos Lito, o sea. Vamos a rodarlo en un marco incomparable superideal que no te voy a decir, porque se llenaría de mendigos y ya no sería tan cool”, afirmou a afamada escritora e deputada de Ciudadanos. Rivera interpretaráRead More


Santa Comba terá o seu propio ‘pijódromo’

Borja Pelayo

Un grupo de emprendedores de Santa Comba vén de anunciar que poñerá en marcha un novo local que ampliará a oferta nocturna da vila. A sala El Buitre, que así se chamará, pretende atraer un novo tipo de público, competindo de fronte con ofertas doutras localidades do país, como a sala Pelícano ou o casino da Toxa. En palabras do xerente do local, Amancio Gerpe, “vai ser un pijódromo dos bos, con gintonics premium e todo tipo de cousas premium para que a xente baile cancións de Raphael e así”.Read More