A Academia Galega do Audiovisual celebra o día do vídeo vertical

Coa universalización do uso dos teléfonos móbiles, unha porcentaxe cada vez máis alta das obras audiovisuais que se gravan cada día en Galiza están producidas en formato vertical. A Academia Galega do Audiovisual non é allea ás novas tendencias estéticas, polo que declarou o próximo día 1 de abril Día Nacional do Vídeo Vertical.
Co gallo desta conmemoración, estrearase unha edición especial da que foi primeira obra cinematográfica en galego de distribución masiva, Sempre Xonxa. A nova versión, gravada en vertical cun Alcatel One Touch Easy, proxectarase este venres nas sete cidades do país. Todas as funcións serán de balde ata completar o aforo, e comezarán simultaneamente ás 23 horas.
Na Coruña poderase ver no CGAI; en Compostela, na sala NUMAX; en Ferrol no Teatro Jofre; en Vigo, no MARCO; en Pontevedra, no auditorio da facultade de Publicidade; en Ourense, no Teatro Principal, mentres que en Lugo se proxectará directamente na muralla.
Así mesmo, a directiva da Academia animou a toda a cidadanía a gravar máis vídeos en vertical e ás salas de cine a instalar pantallas en formato retrato para darlle cabida á estrea de máis obras nun futuro moi próximo, e evitar cabalos nos espectadores ao torcer o pescozo para velas.
Related News

Feijóo deixará de aparecer na TVG
O director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, anunciou que,Read More

Clesa lanzará o iogur con sabor a Estrella Galicia
Guerra nos andeis dos supermercados polo sabor máis galego A sobremesa láctea de licor caféRead More