Main Menu

Seguriño e Pelegrín terán a súa propia serie de debuxos animados

Seguriño

Dous dos personaxes máis queridos polos nenos de Galiza protagonizarán Roteiros de Compostela, a nova serie de debuxos animados que prepara Editorial Compostela, do Grupo El Correo Gallego. Seguriño e Pelegrín compartirán aventuras, acompañados doutros amigos como Xubi ou As dúas Marías infantís, polas rúas de Compostela.

Os creadores da serie, Margarito Peláez e Demetrio Flowers, declararon en exclusiva a GZtoday que esperan que a TVG adquira a súa produción. “En caso de que non sexa así, xa temos outros pretendentes para a nosa serie. Netflix amosounos o seu interese por mercala”, aseverou Peláez.

Pero a produción animada tamén terá o seu personaxe negativo. “O da gorra 2.0”, un señor malhumorado que se dedicará a abrir fochancas para impedir a marcha de Seguriño e de Pelegrín e que, ademais, tentará acabar coas tradicións compostelás.

Seguriño

Seguriño salva unha amiga dunha fochanca provocada polo da Gorra 2.0

O colectivo Coruña Rabuña xa expresou o seu enfado polo que consideran “outra serie compostelanista máis”, e esixiulle á TVG que produza, en compensación, unha sitcom ambientada na Peluquería Maribel.






Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *