Marzo, 2016
A Academia Galega do Audiovisual celebra o día do vídeo vertical

Coa universalización do uso dos teléfonos móbiles, unha porcentaxe cada vez máis alta das obras audiovisuais que se gravan cada día en Galiza están producidas en formato vertical. A Academia Galega do Audiovisual non é allea ás novas tendencias estéticas, polo que declarou o próximo día 1 de abril Día Nacional do Vídeo Vertical. Co gallo desta conmemoración, estrearase unha edición especial da que foi primeira obra cinematográfica en galego de distribución masiva, Sempre Xonxa. A nova versión, gravada en vertical cun Alcatel One Touch Easy, proxectarase este venres nasRead More
Seguriño e Pelegrín terán a súa propia serie de debuxos animados

Dous dos personaxes máis queridos polos nenos de Galiza protagonizarán Roteiros de Compostela, a nova serie de debuxos animados que prepara Editorial Compostela, do Grupo El Correo Gallego. Seguriño e Pelegrín compartirán aventuras, acompañados doutros amigos como Xubi ou As dúas Marías infantís, polas rúas de Compostela. Os creadores da serie, Margarito Peláez e Demetrio Flowers, declararon en exclusiva a GZtoday que esperan que a TVG adquira a súa produción. “En caso de que non sexa así, xa temos outros pretendentes para a nosa serie. Netflix amosounos o seu intereseRead More