Main Menu

Luís Rial presentará un programa diario de 24 horas de duración

La radio de Rial

Despois do éxito do seu programa nocturno de 6 horas, Estamos contigo, o locutor Luís Rial anunciou que a partir da vindeira semana iniciará un novo proxecto radiofónico. Estou comigo será un espazo de 24 horas de duración en que o seu presentador, director e produtor lerá as novas, comentará a actualidade, criticará todos os males da sociedade actual provocados pola esquerda, imitará voces e pronunciará monólogos. Todo iso salpicado con chamadas telefónicas que o propio Luís Rial fará ao programa, simulando ser profesionais de distintos lugares da xeografía galega.

Aínda que, en principio, o programa descansará as fins de semana, Rial non descarta que nun futuro próximo o programa de convirta en eterno, e a emisora de radio a través da que emite pase a chamarse La Radio de Rial, como o libro dedicado a el mesmo. Aínda así, nun acto de humildade sen precedentes, dixo que non quere levar todo o protagonismo e o peso do programa, polo que convidará de cando en vez aos seus compañeiros de Trobeiros de Compostela, Miguel Cancio e José Luis Marí Solera.

La radio de Rial






Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *