Main Menu

As nécoras do Corte Inglés amosan o seu apoio aos presos independentistas

Nuici

O colectivo NUICI (Nécoras Unidas Independentistas do Corte Inglés) difundiu este 1 de novembro un comunicado en que se desvincula das manifestacións feitas pola presidenta de Galicia Bilingüe. Gloria Lago afirmou no seu blog que celebrou a detención de nove militantes de Causa Galiza consumindo crustáceos comprados nos grandes almacéns da Gran Vía viguesa.

Na nota, NUICI amosa a súa indignación pola manipulación á que se viron sometidas as súas carnes e aproveitou a ocasión para expresar o seu apoio a todos os presos políticos galegos, especialmente a Ugio, a Giana e a Ana María Ríos.






Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *