Main Menu

Novembro, 2015

 

Luís Rial presentará un programa diario de 24 horas de duración

La radio de Rial

Despois do éxito do seu programa nocturno de 6 horas, Estamos contigo, o locutor Luís Rial anunciou que a partir da vindeira semana iniciará un novo proxecto radiofónico. Estou comigo será un espazo de 24 horas de duración en que o seu presentador, director e produtor lerá as novas, comentará a actualidade, criticará todos os males da sociedade actual provocados pola esquerda, imitará voces e pronunciará monólogos. Todo iso salpicado con chamadas telefónicas que o propio Luís Rial fará ao programa, simulando ser profesionais de distintos lugares da xeografía galega.Read More


As nécoras do Corte Inglés amosan o seu apoio aos presos independentistas

Nuici

O colectivo NUICI (Nécoras Unidas Independentistas do Corte Inglés) difundiu este 1 de novembro un comunicado en que se desvincula das manifestacións feitas pola presidenta de Galicia Bilingüe. Gloria Lago afirmou no seu blog que celebrou a detención de nove militantes de Causa Galiza consumindo crustáceos comprados nos grandes almacéns da Gran Vía viguesa. Na nota, NUICI amosa a súa indignación pola manipulación á que se viron sometidas as súas carnes e aproveitou a ocasión para expresar o seu apoio a todos os presos políticos galegos, especialmente a Ugio, aRead More