A forza máis votada obtén a deputación de Lugo de xeito democrático
Dun xeito democrático sen precedentes na mellor provincia, por primeira vez unha muller nada en 1978 presidirá a senlleira institución. O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, confesou atoparse en perfectas facultades mentais no momento en que decidiu que sería mellor que gobernase a forza máis votada, ao tempo que brindaba cun cacharro de Cacaolat.
«Pensei que o mellor sería votar por Elena Candiá, porque rima con Becerreá», engadiu o político socialista, negando que a súa decisión tivese algo que ver con ter sido apartado da candidatura a presidente da Deputación pola disconformidade do BNG a apoialo.
Related News

Feijóo deixará de aparecer na TVG
O director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, anunciou que,Read More

Pilar García Negro agradece a felicitación de Galicia Bilingüe
Este 12 de outubro o colectivo Galicia Bilingüe aproveitou para felicitar o santo a PilarRead More