Main Menu

Cuñadanos vaino «petar» nas próximas eleccións

Tomás Roncero, líder de Cuñadanos

O partido político que o vai petar nas próximas eleccións municipais, segundo as súas propias fontes aseguran, Cuñadanos, xa ten listo o seu programa, co que aspira a converter todos os concellos en cumes do cuñadismo.

Tomás Roncero, líder de Cuñadanos

Tomás Roncero, líder de Cuñadanos

Entre os obxectivos que se marcou a formación presidida por Tomás Roncero, está o de montar pistas de pádel en todos os concellos que aínda non dispoñan dela. Da construción e da xestión encargaranse «alguien que sepa de esto, que yo lo vi cuando fui a Madrid». Para os cativos prevé instituír campamentos militares para os nenos e palacios de princesas para as nenas.

No tocante ás medidas económicas, Cuñadanos propón «comprar todo en China, que es más barato y no te cobran los gastos de envío». Segundo a nota enviada polo partido, «puedo conseguir lo mismo que tú pagando diez veces menos, pringao, que eres un pringao».

Para aforrar aínda máis, prevé suprimir os departamentos de Normalización Lingüística dos concellos, co argumento de que «estamos en Ejpaña y se habla ejpañol, ¡coño!».






Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *