Main Menu

O paro baixará do 10% no ano 802701

kereseres

Grazas á senda de recuperación da economía, as cifras de desemprego iranse reducindo progresivamente e pronto se acadarán niveis dos anos 2000. Segundo o blog especializado en economía, estatística, enquisas e roupa interior Calzedonia, a porcentaxe de paro volverá a niveis europeos no ano 802701, mes arriba, mes abaixo.

kereseres

Dúas adolescentes protestan porque os seus pais están no paro e elas teñen que facer os quefaceres domésticos

Os Morlocks conseguirán crear o suficiente número de postos de traballo para que os Eloi se sintan como na época de Zapatero.

eloimorlock

Unha feliz traballadora Eloi é animada polo seu xefe Morlock

O ministro de Economía español, Luis de Windows, amosouse moi ilusionado cos resultados do estudo de Calzedonia, afirmando que melloraba en case medio millón de anos as previsións da OCDE e do Banco de España.






Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *