Main Menu

Maio, 2015

 

Nós tamén facemos tracking electoral

Tracking electoral

GZtoday leva elaborando durante meses, anos, séculos, o seu propio tracking electoral coa colaboración da nosa empresa-satélite-demoscópica Fondaxe. Contando con que o Bloco e Compromiso con Malicia non van sacar nada, nin as Mareas nin nada, chegamos á conclusión de que a cousa vai andar así así entre o Pepe e Cuñadanos. Os Socios Listos remontan, pero non chegan, e Potemos desinflouse porque son amigos de Nicolás Maduro, como se pode ver neste gráfico.


Cuñadanos vaino «petar» nas próximas eleccións

Tomás Roncero, líder de Cuñadanos

O partido político que o vai petar nas próximas eleccións municipais, segundo as súas propias fontes aseguran, Cuñadanos, xa ten listo o seu programa, co que aspira a converter todos os concellos en cumes do cuñadismo.


O paro baixará do 10% no ano 802701

kereseres

Grazas á senda de recuperación da economía, as cifras de desemprego iranse reducindo progresivamente e pronto se acadarán niveis dos anos 2000. Segundo o blog especializado en economía, estatística, enquisas e roupa interior Calzedonia, a porcentaxe de paro volverá a niveis europeos no ano 802701, mes arriba, mes abaixo.